Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
CAZA MENOR
Medio Rural convoca as axudas para a recuperación da caza menor
29/12/2009

A Consellería do Medio Rural publica hoxe, 29 de decembro no DOG, a orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2010.

A perdiz rubia e o coello de monte son as especies cinexéticas tradicionais en Galicia. O progresivo descenso da actividade agrícola no medio rural supuxo o abandono de amplas zonas de cultivo, provocou a expansión do mato, a desaparición dos lindeiros vexetais e, como consecuencia, a perda da calidade do medio vital para estas especies contribuíndo así á regresión das poboacións. A isto hai que engadir o azoute da enfermidade hemorráxica vírica e da mixomatose, que provocou a mingua dramática das poboación de coello.

Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas aplicable aos terreos cinexéticos para a recuperación das poboacións de perdiz rubia a través da mellora da calidade do seu hábitat e a conservación e recuperación do coello de monte mediante a construción das instalacións necesarias para a súa cría en semiliberdade e a súa reintrodución no medio natural.

Ver documento completo da orde

Con data 22 de xaneiro publícase una corrección de erros da citada orde, que afecta ao artigo 15º.

Ver corrección de erros
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza