Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
INCENDIO
Afectadas 25 hectáreas por un lume forestal no concello pontevedrés de Silleda
15/3/2010

Os labores de extinción remataron ás catro da mañá do pasado sábado

A Consellería do Medio Rural informa nun comunicado dun incendio na parroquia de Refoxos, do concello pontevedrés de Silleda, que quedou controlado pouco antes das catro da mañá do sábado [de venres a sábado].

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume sitúase en torno ás 25 hectáreas (0,25 quilómetros cadrados), todas elas de raso. No control deste lume traballaron 3 axentes forestais, 5 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), e 2 motobombas. Cómpre salientar que, debido á tardega hora de inicio do lume, non se puideron mobilizar medios aéreos.

Os labores de control e extinción comezaron pasadas as 19:35 horas do venres día 12, quedando controlado o lume pouco antes das 03:20 horas do sábado día 13, e se dou por rematado ás 03:55.

Fonte: Consellería do Medio Rural

 

Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza