Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
REDE NATURA 2000
Medio Rural concederá axudas a concellos incluídos na Rede Natura 2000
Lexislación
31/5/2010

A Consellería do Medio Rural publicou no DOG do pasado venres 28 de maio a Orde do 19 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000 e a súa convocatoria para os anos 2010 e 2011.

O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas para a execución de medidas, accións ou actividades que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000, así como a conservación e/ou restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional, coa finalidade de incrementar, nas explotacións agrícolas, o valor de recreo público das zonas Natura 2000.

Poderanse acoller ás axudas desta orde os concellos que teñan, toda ou parte da súa superficie, na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas superficies. As ditas entidades locais deberán concorrer individualmente, admitirase unha única solicitude e proxecto por concello, e deberase indicar expresamente na solicitude a acción que se vai desenvolver e o investimento que se realizará correspondente á acción para a cal se solicita.

A Rede Natura 2000 ten como obxectivo principal asegurar o mantemento nun bo estado de conservación das mellores manifestacións da biodiversidade europea, ideada tamén para fomentar o equilibrio harmónico entre as actividades sociais e económicas que neles se levan a cabo e a calidade de vida das persoas que os habitan. Está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC).

Na actualidade, a Rede Natura 2000 está representada en Galicia, ademais das ZEPA, por 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), que suman unha superficie total de 374.405 ha, das cales unhas 29.000 ha corresponden a áreas mariñas. A extensión terrestre dos LIC representa o 11,6% da superficie de Galicia. A maioría dos espazos sitúanse na rexión bioxeográfica atlántica (49 LIC), catro están na rexión mediterránea e seis repártense entre ambas as dúas rexións, abranguendo no seu conxunto unha variada mostra de ecosistemas costeiros, fluviais e de montaña, entre outros.

Ver documento completo desta orde

 

Máis novas nesta categoría

LEI DE CAZA
9/1/2012
Medio Rural presenta o anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia

AXUDAS
28/12/2011
Medio Rural publica a orde de axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando

AXUDAS DEPORTE
26/12/2011
Deporte convoca axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza