Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ANÁLISE DA SITUACIÓN DA CAZA
A FGC reúnese co Conselleiro do Medio Rural
12/4/2011

Acompañado polos Presidentes Provinciais, o Secretario Xeral e o Vicepresidente da FGC, o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, mantivo na mañá de hoxe unha reunión con Samuel Juárez, Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, nela tamén estivo presente o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón-Millán.

No transcurso da xuntanza o Presidente da FGC expúxolle ao Conselleiro diversos temas de actualidade relacionados coa caza en Galicia. Temas de especial interese como os danos producidos pola fauna cinexética tanto nos cultivos como nas estradas galegas así como a elaboración dos Plans de Ordenación Cinexética, punto este último moi importante para a maioría dos Tecores de Galicia xa que no 2011 correspóndelle renovalos.
O Presidente da FGC e o Conselleiro intercambiaron neste punto opinións respecto á situación actual dos danos no ámbito nacional.

Xa na segunda parte da xuntanza abordouse a Modificación da Lei de Caza, feito este no que a FGC agarda expectante o borrador da nova Lei para pórse a traballar e tentar acadar unha lei que satisfaga a tódolos sectores implicados.

Outro punto de interese foi o relativo aos incendios forestais dende a vista da colaboración das sociedades de caza e a coordinación das diferentes actuacións que se realicen no monte.

A caza miúda tamén tivo cabida nesta xuntanza, solicitándose por parte do Presidente da FGC o mantemento das liñas de axuda, como en anos anteriores, para a recuperación da caza menor nos montes galegos.

Nesta segunda parte o Conselleiro amosouse receptivo a contribuír ao desenrolo dos proxectos da Federación e mesmo agradeceu a implicación das sociedades de caza no problema dos incendios forestais.

Xa no remate da xuntanza, Javier Nogueira fixo referencia o convenio de divulgación no que se pretende facer unha maior divulgación social da actividade cinexética poñendo en marcha, entre outros, programas como “A Caza na Escola” no que se pretende dar a coñecer os máis pequenos a actividade cinexética. Neste convenio tamén se fai referencia a cursos de formación, seminarios e xornadas destinadas a formación dos cazadores e dos responsables das sociedades de caza.

Como punto e final do encontro, Javier Nogueira expúxolle ao Conselleiro a necesidade de potenciar, e darlle a importancia que ten, a caza en Galicia así como un maior compromiso e colaboración por parte da Consellería do Medio Rural.

A valoración da xuntanza por parte dos membros da FGC que asistiron a ela é positiva, e resaltaron o talante e compromiso do Conselleiro con esta actividade tan importante dende o punto de vista social e económico.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza