Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir Enviar por email
ELECCIÓNS FGC PONTEVEDRA
O resultado das votacións da a Juan Ángel Alonso como vencedor
6/5/2011

Cumprindo co calendario electoral estipulado semanas atrás, o pasado xoves 5 de maio celebrábase a xornada de votación a Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Tras a elección do anterior Presidente Provincial, Javier Nogueira, como novo Presidente da Federación Galega de Caza, a provincia pontevedresa comezaba un novo proceso electoral na procura do seu substituto. Francisco Couselo, anterior Vicepresidente, foi o encargado de ocupar o posto en funcións durante esta época de transición.

Foron dous os candidatos presentados neste novo proceso democrático da sede federativa Pontevedra: Juan Ángel Alonso Pérez e Sinesio Soto Fernández, ambos cazadores e deportistas cinexéticos dende moitos anos atrás, e que veñen ocupando diversos postos relevantes na estrutura da FGC de Pontevedra.

A mesa electoral, que estivo composta por Rafael Sánchez Malvar, como Presidente; Álvaro Fontenla Filgueira, como Secretario; Hipólito Piñeiro, como Presidente da Xunta Electoral e Rubén Pato Álvarez, en calidade de Secretario da Xunta Electoral,  situouse para esta ocasión no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

A ela chegaron 61 dos 111 asembleístas convocados para estes comicios, que entre as 16.30h e as 19.30h da tarde puideron exercer o seu dereito a voto. Rematado o prazo de votacións, e tras realizar o escrutinio pertinente, o resultado foi o seguinte: Juan Ángel Alonso Pérez recibiu 58 votos, mentres que Sinesio Soto Fernández recibiu 3. Non houbo votos en branco ou nulos.

Pola mesa de votacións pasaron importantes personalidades federativas como Francisco Arturo Pichel, exPresidente da FGC e actual Delegado de Mutuasport, ou o actual Presidente da Federación Galega de Caza Javier Nogueira, que decidiu non exercer o seu dereito a voto.

Nos vindeiros días agárdase facer oficial a proclamación de Juan Ángel Alonso Pérez como novo Presidente da FGC en Pontevedra, que de inmediato pasará a tomar o mando a delegación provincial durante os vindeiros 4 anos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións | Federación | Eventos | Lexislación | Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

DEPORTE GALEGO
21/4/2015
A UFEDEGA presenta a súa nova xunta directiva

NO HOTEL CONGRESO
13/4/2015
Péchase a Asemblea Xeral 2015 con excelente asistencia e plena unanimidade

XUNTANZAS
7/4/2015
Todo listo para a Asemblea Xeral deste sábado


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza