Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
VENTA CARTUCHOS
A RFEC ven de presentar alegacións ao proxecto de modificación do Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería
Lexislación

7/8/2011

A Federación Galega de Caza, sae unha vez máis na defensa dos cazadores Galegos, sumándose ás alegacións presentadas pola Real Federación Española de Caza ante o Ministerio para que a venda de cartuchos se realice como se veu facendo tradicionalmente ata agora sen xerar ningún problema, adheríndose así ás alegacións formuladas tamén polo colectivo de armeiros e fabricantes de armas.

Con esta modificación do regulamento preténdese que a venda de munición deixe de ser libre, debendo presenta-lo comprador a guía de pertencia da escopeta, mentres que o vendedor deberá levar un libro rexistro no que anote as vendas efectuadas, orixinando molestias innecesarias para o cazador e para o vendedor ao non ter ningunha utilidade práctica nin para a Administración nin para os cazadores, xerando únicamente burocracia sen solucionar problemas porque estes non existen.

Coas alegacións propostas pola RFEC, os representantes dos cazadores pretendemos que o Artigo 36.4 quede redactado do xeito seguinte: Sin necesidad de presentar documento alguno, ni practicar asientos en los libros-registro del establecimiento vendedor, podrá adquirirse un número ilimitado de cartuchos de caza no metálicos. En ningún caso, los particulares podrán tener en depósito un número superior de 5.000 unidades de esta clase de cartuchos.

 

Máis novas nesta categoría

RESPONSABILIDADE DANOS
16/5/2012
A FGC responde á inquietude manifestada polos Presidentes de Sociedades de Caza ante a información publicada por UNITEGA sobre a responsabilidade dos socios das mesmas

TEMPADA 2012/2013
16/5/2012
Acordos do Comité Galego de Caza

SOCIEDADES
4/5/2012
As Sociedades de Caza deberán adaptar os seus estatutos á nova Lei do Deporte de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza