Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir Enviar por email
XUNTANZA FEDERATIVA
Reúnense a Xunta Directiva e a Comisión Delegada da FGC
28/10/2011

Analizouse o borrador da nova Lei de Montes.

O pasado mércores, 26 de outubro, reuníanse na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, os membros da xunta directiva e da comisión delegada.

Durante a xuntanza abordáronse, entre outros temas da orde do día, a modificación do orzamento federativo, así como a modificación do calendario e normativa das modalidades de caza menor e arceas.

O calendario das últimas competicións cinexéticas do ano, quedaba do xeito seguinte:

OUT
29
2011
Cptos Provinciais de Caza Menor das provincias de Lugo e Ourense (Xesteira e Xinzo, respectivamente)
NOV
5
2011
Cpto Provincial de Caza Menor da Coruña (Coristanco)
NOV
12
2011
Cpto Provincial de Caza Menor de Pontevedra (Armenteira)
NOV
19
2011
Cpto Galego de Caza Menor con Can (Tordoia – A Coruña)
NOV
26
2011
Campionatos Provinciais de Arceas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
DEC
3
2011
Campionato Galego de Arceas
DEC
10
2011
Campionato de España de Caza Menor (Zaragoza)
DEC
18
2011
Campionato de España de Arceas (Aragón)

No referente á normativa de ámbalas dúas modalidades, unicamente se modifican os apartados 7 e 10 das normas aprobadas pola asemblea xeral do pasado mes de xuño, para adaptalas ao novo Regulamento  da RFEC, así os deportistas que completen o cupo de pezas establecido pola organización poderán entrar no control a calquera hora, mentres que aqueloutros que non o superen ou non cobren pezas non poderán facelo ata que leve transcorrido a metade da proba; e no caso de empate clasificarase aquel participante que entrase antes no control.

Falouse tamén do proxecto da nova Lei de caza de Galicia, no que a Federación Galega de Caza ten previsto participar cando se abra o período de alegacións, no caso de que o novo texto lexislativo non recolla as demandas do colectivo de cazadores.

Tamén se debateu sobre o borrador da Lei de Montes de Galicia, no que non se recolleron practicamente as alegacións presentadas polo ente federativo, acordándose reiterar ante o órgano competente as emendas dos cazadores Galegos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións | Federación | Eventos | Lexislación | Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

INTERCAMBIO
30/6/2015
Unha nova promoción do Curso de Protección do Medio Natural visita a FGC

MUNICIÓN CHUMBO
29/6/2015
O Presidente da FGC solicita varias entrevistas cos máximos representantes da administración para tratar o tema da munición de chumbo

CUFADE
19/6/2015
As Federacións Deportivas Autonómicas únense en toda España

ÓBITO
16/6/2015
Falece José Raúl Rodríguez, Presidente da Sociedade de Cazadores de A Lanzada


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza