Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
XUNTANZA NA FGC
Reúnense na FGC responsables federativos con membros do Seprona e responsables da Administración en asuntos cinexéticos
Federación | Temas: Xuntanzas, SEPRONA, Administración

13/2/2012

O pasado martes, unha comisión da FGC, formada polo Presidente, Javier Nogueira, polo Presidente Provincial da Coruña, Manuel Saa, e polo Secretario Xeral da FGC, Ramón Rodríguez, reuníanse, na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, cos responsables do Servizo de Protecci&´n da Natureza na Coruña e da demarcación de Noia, así como co Capitán da Compañía da Garda Civil en Noia, e co Xefe do Servizo de Caza da Consellería de Medio Ambiente.

Durante a xuntanza debateuse sobre diversos puntos da actualidade cinexética, centrándose principalmente nas inquedanzas amosadas polos cazadores de caza maior, e máis concretamente polos cazadores das bisbarras de Noia, Muros, Barbanza, Sar e Xallas.

Os responsables da FGC saíron da xuntanza cunha boa impresión, e sinalaron a actitude positiva amosada polos representantes do Seprona para a resolución dos problemas xurdidos nas bisbarras sinaladas no parágrafo anterior.

Asemade, acadouse o compromiso de realizar, antes de comeza-la próxima tempada, reunións informativas nas catro provincias así como unha xuntanza a nivel autonómico para trazar liñas estratéxicas.´´
 

Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA FGC
16/5/2012
A Federación Galega de Caza convoca para o vindeiro 8 de xuño a súa Asemblea Xeral

DEPORTE
15/5/2012
A Federación Galega de Caza únese ao plan "Galicia Saudable"

CARNE CAZA
8/5/2012
A carne de caza é natural e ecolóxica, criada en liberdade e sen medicar


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza