LUGAR: Zona de Bande, na parroquia de Ameixenda, situada no concello de Cee, e incluída dentro do Tecor cinexético C-10072 “A Xunqueira de Cee”.
INSCRICIÓNS: Poden realizarse ata o día 3 de xullo ás 15:00 horas, na sede da Federación de Caza da Coruña, na rúa Vila de Caión 27 baixo 2A de Carballo, Tfno.: 981 70 29 57, Fax: 981 75 50 74 ou no e-mail: coruna@federaciongalegadecaza.com. Poden participar os concursantes da provincia da Coruña con dereito a clasificación oficial.