A Federación

Coñece a Federación Galega de Caza, a súa actividade, estrutura e recursos ao servizo da caza en Galicia

A Federación

A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega e sendo unha entidade de utilidade pública.

A Federación Galega de Caza como tal ten representatividade en órganos consultivos como: Comités de Caza, Consello Forestal Galego, etc.

A FGC atópase na estructura da Real Federación Española de Caza, formando parte dos seus órganos e exercendo a súa representación na Comunidade Autónoma de Galicia. A través da RFEC está representada noutros órganos supra-autonómicos e mesmo internacionais, como na FACE con representación en órganos Europeos.

A FGC foi constituída en Santiago de Compostela, o 25 de xaneiro de 1985, conforme ao decreto da Xunta de Galicia 228/1994 de 14 de xullo, regulado pola Orde 28-7-1995 da Consellería de Presidencia e Administración Pública. Actualmente ademais dos seus propios estatutos sonlle de aplicación a Lei Xeral do Deporte de Galicia e outras normas que a desenvolven.

Afiliación

19.400+

Cazadores federados

470+

Sociedades federadas

40+ anos

Defendendo a caza en Galicia

  • 19.428 cazador@s federad@s de xeito individual, máis da metade d@s cazador@s galeg@s.
  • 474 sociedades de caza afiliadas (máis do 90% das sociedades de caza existentes en Galicia), número algo superior aos tecores dos que son titulares as sociedades de caza afiliadas, debido a que algúns teñen titularidade compartida por 2 ou 3 sociedades de caza, e unha ducia adícanse exclusivamente á práctica da cetrería, caza con arco ou silvestrismo e non administran ningún tecor.

A interlocución é un dos grandes éxitos da sociedade moderna, e na caza non podía ser menos. O dialogo implica escoitar, suxerir, valorar para intentar conformar a realidade dende a pluralidade mesmo dende a diversidade. Na Federación tentamos exercitar todos eses conceptos para conformar a nosas liñas de actuación e mesmo a nosa opinión como institución. Entendemos e parécenos saudable que nos foros de debate sobre a caza ou calquera outro asunto medioambiental se conte con opinións plurais. Ao concepto de pluralidade é necesario achegar o de representación. Todos debemos contar, pois formamos parte dunha mesma cadea, pero é de xustiza que cadaquén se mostre na proporción do colectivo que representa, por ecuanimidade e por responsabilidade cara aos representados e afiliados. Defendemos unha caza asentada nunha base social forte e sustentable que cada vez se apoie máis nunha correcta xestión, con base en principios técnicos, e a isto as sociedades de caza e os cazadores galegos responden ano tras ano con cotas máis altas de afiliación. A Federación ten unha clara vocación de ser casa común de todos os cazadores, porque sabemos que é moito máis o que nos une que as diferencias, e cada vez é máis necesario o traballo e o esforzo de todos para conseguir algo mellor cada día para eses cazadores e as súas sociedades de caza, nun mundo cada vez menos tolerante coa actividade cinexética.

Quérome federar

A caza que defende a FGC

A caza en Galicia ten un compoñente social evidente. A case totalidade dos terreos cinexéticos de réxime especial teñen como titulares ás sociedades de caza. Estas deben seguir sendo clave no noso desenvolvemento venatorio. O seu fortalecemento e a súa adaptación aos novos tempos farán que sigan sendo unha base sólida do futuro da caza social na nosa terra.

A concepción actual da caza ten pouco que ver cunha actividade meramente extractiva, senón mais ben cun conxunto de actividades que promoven a conservación e a mellora do medio, para recoller del o excedente que unha natureza coidada pode ofrecer de xeito sostible. Todo isto que se pode chamar xestión cinexética é motivo de análise, estudo, observación e suxerencias por parte da Federación para que esa xestión estea ao servicio da natureza e por tanto dos cazadores e da caza.

Nesta área cinexética, a Federación nos últimos anos dedicou esforzos importantes, sobre todo humanos, para participar e facer achegas que puidesen mellorar a caza ou aspectos relacionados con ela. É mester seguir traballando arreo nestes asuntos, porque como tódalas cousas relacionadas coa natureza son vivas, e cada tempo trae novos problemas aos que hai que buscar solucións válidas; aceptables para os cazadores e dentro do interese xeral.

Os cazadores somos os primeiros interesados na protección, conservación e recuperación do medio natural, porque a vinculación da actividade venatoria co mundo rural é evidente, desenvólvese no campo. Agora máis que antes a caza estase convertendo nun indicador da saúde medioambiental, en función da abundancia das especies. Estas especies e os seus hábitats dependen en gran medida dos impactos que a natureza recibiu, sobre todo polas grandes transformacións producidas na poboación, co abandono do campo e a marcha ás cidades. Esta fuxida levou aparellados profundos cambios nos ecosistemas, polos sistemas de producción, polos cambios de cultivos, pola aparición de grandes zonas de matogueira e bosque,etc. Este éxodo do campo á cidade, non é inocuo dende o punto de vista medioambiental.

Ante isto, os cazadores e outros colectivos vencellados coa natureza deberemos facer unha profunda reflexión.  É posible que a reflexión deba ser da sociedade en xeral, para buscar un novo equilibrio entre desenvolvemento e conservación.

Información xeral

Organigrama

A continuación preséntase a estrutura organizativa da Federación.

Debido ao proceso electoral 2026, a Xunta Directiva foi substituída pola Comisión Xestora, que exerce as súas funcións ata a toma de posesión dos novos órganos de goberno.

Comisión Xestora FGC

Presidente

Luis Eusebio Fidalgo Álvarez

Tesoureiro

Titular

Juan Manuel Turnes Souto

Suplente

Jaime Lage Pérez

Secretario

Titular

José Moure Caneda

Suplente

Antón Moure Segade

Vogal

Titular

Ramón Rodríguez Cobas

Suplente

Emilio Romero Castro

Vogal

Titular

Manuel Pérez Requejo

Suplente

Vicente Lameiro Alonso

Vogal · Estamento Sociedades

Titular

Sdade Caza Neira de Xusá

Rpte. Jesús de Arriba Núñez

Suplente

Sdade de Caza Amigos da Natureza

Rpte. José Mª Magilde Rodríguez

Vogal · Estamento Deportistas

Titular

Jaime González Penelas

Suplente

José Manuel Fernández Añón

Vogal · Estamento Xuíces/Árbitros

Titular

Daniel Cebreiro García

Suplente

José Ángel Seco Alvite

Vogal · Estamentos Outros Colectivos (Xuventudes)

Titular

Sergio Suárez Fdez.

Suplente

Álvaro Viqueira Castro

Comité de Xuíces e Árbitros

  • Coordinador: Ramón Rodríguez Cobas
  • Tiro (RRCC e Compak): Daniel Cebreiro García
  • Cans (San Huberto e Cans de Parada): José Ángel Seco Alvite
  • Rastro (Coello e Xabaril): José Antonio Montoiro González
  • Cetraría: Víctor Lama González
  • Arco: Jaime Villaverde Balado
  • Paxariles: Manuel Ángel Chao Porto
  • Agility: Iker Santos Cabo

Comisión de Competicións

  • Coordinador e Delegado Raposo: Ramón Rodríguez Cobas
  • Delegado Compak e RRCC: Daniel Cebreiro García
  • Delegado Rastro Coello: José Antonio Montoiro González
  • Delegado Rastro Xabaril: Jaime González Penela
  • Delegado Cetraría: Ignacio Orge García
  • Delegado Arco: Jaime Villaverde Balado
  • Delegado Paxariles: Manuel Ángel Chao Porto
  • Delegado Field Target: Luis Francisco Barceas Penas

Comisión de Xuventudes

  • Delegado Coruña: Francisco Viqueira Castro
  • Delegada Lugo: Tamara Fernández Rodríguez
  • Delegado Ourense: Alejandro Álvarez González
  • Delegado Pontevedra: Sergio Suárez Fernández

Comité de Disciplina Deportiva

  • Xúiz único titular: Rafael Enrique Sánchez Malvar
  • Suplente: Antonio Del Río Viqueira
  • Comité de apelación: Manuel Penabad Corral, José Luis Sánchez Mancebo, Alberto Rodríguez González
  • Instrutor titular: Juan Ángel Alonso Pérez

Xunta Electoral Galega

  • Presidente: Vicente Silva Meilán
  • Secretario: Antonio López Iglesias
  • Vogal: Agustín Pérez-Batallón Ordóñez

Xunta de Homologación de Trofeos

  • Representante 1: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez
  • Representante 2: Francisco López Penela

Histórico de presidencias

A evolución do liderado da Federación Galega de Caza desde o ano 1987

Manuel Andrade Cristóbal

1987 - 1988

1 ano

Francisco Arturo Pichel Márquez

1988 - 1999

11 anos

José Manuel Vaamonde González

1999 - 2006

7 anos

José María Gómez Cortón

2006 - 2011

5 anos

Javier Nogueira Diz

2011 - 2022

11 anos

Luis Eusebio Fidalgo Álvarez

2022 - Actualidade

Presidente actual

Anos de presidencia por mandato

11

Mandato máis longo
Francisco Arturo Pichel Márquez (1988-1999)

39

Anos de traxectoria
(1987-2026)

6

Presidentes na historia

Transparencia

En cumprimento das obrigas das federacións deportivas galegas derivadas da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a FGC fai pública a seguinte documentación.

Funcións

As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia).

  • Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas.
  • Organizar as competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico.
  • Expedir licenzas deportivas ou administrativas.
  • Exercer control das subvencións asignadas.
  • Garantir o cumprimento das normas electorais.
  • Exercer a potestade disciplinaria.
Convenios e subvencións

Convenios Medio Ambiente

Orzamentos e contas anuais
Memorias e auditorías
Xuntanzas Órganos de Goberno

Procesos electorais

Nesta sección poderá consultar toda a información relativa aos procesos electorais desta Federación.

Contacto

Sede principal

Federación Galega de Caza
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12
15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

Tlf: 981 562 777
federacion@federaciongalegadecaza.com
federacion@caza.gal

INVERNO (1 outubro - 31 maio)

Luns a Xoves: 09.00h - 14.30h e 16.30h - 19.00h
Venres: 09.00h - 15.00h

VERÁN (1 xuño - 30 setembro)

Luns a Venres: 09.00h - 15.00h

Formulario de contacto

Para calquera suxerencia, dúbida, queixa ou calquera outro tema, podes usar o seguinte formulario ou escribirnos a federacion@federaciongalegadecaza.com.

Delegacións provinciais

A Coruña

Rua Vila de Caión, 27 Baixo 2A (Carballo)
15100 A CORUÑA

Tlf. 981 702 957
coruna@federaciongalegadecaza.com
coruna@caza.gal

INVERNO (16 setembro - 31 maio)

Luns a Xoves: 09.00h - 14.00h e 16.00h - 19.00h
Venres: 08.00h - 15.00h

VERÁN (1 xuño - 15 setembro)

08.00h - 15.00h

Lugo

Rua San Roque, 55 - Entrechan esquerda
27002 LUGO

Tlf. 982 254 996
lugo@federaciongalegadecaza.com
lugo@caza.gal

TODO O ANO

Luns a Xoves: 09.00h - 14.00h e 16.00h - 19.00h
Venres: 08.00h - 15.00h

Ourense

Estadio de O Couto (Rúa Carlos Maside s/n)
32002 OURENSE

Tlf. 988 221 620
ourense@federaciongalegadecaza.com
ourense@caza.gal

INVERNO (1 outubro - 31 maio)

Luns a Xoves: 09.00h - 14.00h e 16.00h - 19.00h
Venres: 09.00h - 14.00h

VERÁN (1 xuño - 30 setembro)

09.00h - 14.00h

Pontevedra

Rua Lepanto, 1 - 1ºJ
36001 PONTEVEDRA

Tlf. 986 852 300
pontevedra@federaciongalegadecaza.com
pontevedra@caza.gal

INVERNO (1 outubro - 31 maio)

Luns a Xoves: 08.00h - 17.30h
Venres: 08.00h - 15.00h

VERÁN (1 xuño - 30 setembro)

09.00h - 15.00h