Axudas e Subvencións

Información sobre axudas dispoñibles para cazadores e sociedades federadas

Axuda Descripción Enlace
ORDE do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2026

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (código de procedemento MT723A).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ver
ORDE do 21 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2026

Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT809E).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ámbito de aplicación

1. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Nos casos en que o cultivo agrícola afectado estea parcialmente situado noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a súa maior parte estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ver
ORDE do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan axudas para o ano 2026

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT815A).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As axudas ás que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026.

Ver
ORDE do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases e o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para paliar os danos causados nos terreos cinexeticamente ordenados como consecuencia dos incendios que afectan a Galicia durante o verán de 2025.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A).

Ver documento

Ver
ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR945C)

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C).

Ver
ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809B).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT809B).

Ver
ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809E)

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código do procedemento MT809E).

Ver
ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT723A).

Son actuacións subvencionables destas axudas:

  • Liña de actuacións nos terreos cinexeticamente ordenados coa finalidade de mellorar os hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, pase de grade, a emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas, de acordo coas indicacións contidas no anexo II.
  • Liña de actuación para a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexeticamente ordenados, de acordo coas indicacións contidas no anexo II.
Ver

Contacta coa FGC

Para información específica sobre axudas, consulta con FGC Responde

Enviar Consulta

ou contacta directamente coa sede

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.