- 8:00 h Concentración no Campo de Futbol “Rio Seco” de Narón.
A competición axustarase ao Protocolo Fisicovid da FGC aprobado por Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte con data 17-02-2021 para a práctica das especialidades deportivas dentro do ámbito da Federación Galega de Caza no establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 limitando ao máximo a posible capacidade de transmisión do coronavirus, desde o primeiro desprazamento ao lugar da actividade, durante o feito deportivo e despois do mesmo. A Proba farase ao aire libre, só poderán participar no evento persoas federadas, sendo obrigatorio o uso da mascarilla.