Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN XERAL
Vantaxes dos Federados
Licenzas / Seguros Federativos
Licenza de uso de emisora
Axudas
 
SERVIZOS
Solicitar licenza/seguro federativo
Descontos para Federados
Compartir Caza
A FGC Responde
A tua opinión conta
Taboleiro de anuncios
Federados
LICENCIA DE USO DE EMISORA

A Federación Galega de Caza dispón dun total de 30 frecuencias repartidas entre as catro provincias galegas, para emisoras de caza, de uso exclusivo para os seus federados.

Estes son os pasos e requisitos necesarios para a solicitude destas licencias:

  • Debe estar federado: ben cunha licencia federativa ou cun documento único (licencia federativa + seguro de caza)
  • O modelo de emisora debe atoparse dentro dos homologables para a caza, prema para ver un listado de emisoras legalizables, pero cada ano saen novos modelos homologables que non aparecen nos nosos listados.

    Se ten ou pretende mercar unha emisora que non aparece no listado e quere comprobar se é homologable, pregámoslle que se poña en contacto connosco facilitándonnos marca e modelo da mesma antes de mercala.
  • Se merca a emisora nun dos establecementos autorizados, o propio establecemento encargarase de comunicar á Federación a solicitude de alta da emisora e enviar a documentación correspondente, co cal xa poderemos emitirlle, tralo correspondente pago, o seu carné de uso de emisora nunha das nosas oficinas.
  • Provincial: autoriza ao cazador federado a utilizar a emisora de radiofrecuencia só na provincia na que estea dada de alta, podendo utilizar únicamente as frecuencias que correspondan a esa provincia, as cales constarán no carné Provincial.
  • Autonómica: autoriza ao cazador federado a usar a emisora indistintamente en calquera das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. Terá que ter gravadas as frecuencias de tódalas provincias, pero só poderá utilizar as frecuencias que correspondan á provincia na que está cazando co obxecto de evitar saturacións de rede.

En calquera dos dous casos a licenza de emisora ten un periodo de validez de un ano dende a data de emisión. A primeira vez que se retira debe pagarse unha cuota de alta, e a partir do seguinte ano pagarase unha cuota de renovación. Contacte coa sua federación provincial para informarse dos prezos de cada unha das cuotas. Para a súa comodidade pode xestionar as licenzas de emisoras de calquera provincia desde calquera delegación da FGC.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza