¿Que é a licencia de caza?
A licencia de caza é o permiso oficial que te autoriza a practicar a caza en Galicia. É un requisito imprescindible para acceder a calquera tipo de actividade cinexética. A licencia ten validez anual e debe estar renovada cando comece a temporiada de caza.
Que tipo de licencia necesitas?
Escolle a opcion que corresponda para saber onde e como tramitala.
Licencia de caza de Galicia
Podes renovala presencialmente en calquera oficina da entidade bancaria ABanca, nas oficinas dos servizos centrais ou provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou ben renovala online na plataforma da Xunta de Galicia.
- En xeral, a licencia ten vixencia dun ano, ainda que pode outorgarse por un mes.
- As persoas maiores de 65 anos teñen licencia gratuíta e con vixencia indefinida (non precisan renovala).
Fonte oficial: Sede electrónica da Xunta (MT720V)
Ir a renovacion online da Xunta →Licenza de Caza Interautonomica
Podes tramitala nas oficinas da FGC. Necesitamos unha licencia anterior (interautonomica ou de Galicia). Tamén podes facelo online na plataforma da Xunta.
Permite practicar a caza nas comunidades autonomas adheridas ao convenio: ARAGÓN, ASTURIAS, CASTELA E LEÓN, ESTREMADURA, GALICIA, MADRID, MURCIA e COMUNIDADE VALENCIANA.
Requisitos imprescindibles:
- Ser cidadan espanhol ou estranxeiro residente en Espana.
- Non atoparse inhabilitado para a obtencion da licenza por sancion administrativa firme ou resolucion xudicial firme (lexislacion penal).
Licenza doutra comunidade
Podemos tramitala na FGC nun prazo maximo de 24-48 horas, ou instantaneo dependendo da comunidade autonoma.
Primeiro acceso á licencia de caza
Se é a primeira vez que solicitas unha licencia de caza, debes superar obrigatoriamente o Exame do Cazador segundo a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
O exame inclúe coñecementos sobre lexislación da caza, identificación de especies, normas de seguridade e bioloxía das especies cinexéticas.
Ver información sobre o Exame do Cazador →