Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Lebre á cazadora
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 2 lombos de lebre de 600g cada un
· 150g de touciño en lonchas finas
· 1 cenoira
· 200g de uva
· 4 chalotes
· 3 dentes de allo
· 10g de manteiga
· 12,5cl de nata
· Zume de 2 limóns
· 25cl de viño branco
· 7cl de coñac
· 1 folla de loureiro
· 1/2 cullerada de café de tomiño desmigado
· 2 cravos
· Sal fino
· Pementa negra recén moída
Elaboraci�n:
Colocar os lombos de coello nun prato, regalos co zume de limón e deixar macerar durante 2 horas cubríndoos. Destonar os dentes de allo e cortalos en dous, frotar os anacos de lebre co allo, salpimentar e regar co viño e o coñac. Deixar macerar, a cuberto, durante 5 horas. Retirar os lombos de lebre e reservar o marinado. Secar os lombos con papel absorbente e envolvelos cas lonchas de touciño. Meter os lombos no forno a 220ºC durante 40 minutos, regándoos regularmente coa grasa do touciño fundido.
Destonar as chalotas e cortalas, destonar a cenoira e cortala. Lavar as uvas, cortar cada grao en dous e quitarlle as pepiñas. Sacar os lombos e reservar a calor. Pochar as chalotas e a cenoira en manteiga. Engadir a folla de loureiro, os cravos e o tomiño, rehogar co resto do marinado. Deixar ferver durante algúns minutos. Pasar a salsa polo chino. Incorporar alí o mollo de cocción do coello, a crema fresca e as uvas. Quentar algúns minutos máis. Napar sobre os lombos. Servir inmediatamente.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza