Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Arceas en salsa
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 personas)
· 2 arceas.
· Touciño.
· Fariña.
· 2 cullaradas de cebola.
· 1 cenoria.
· Salsa de tomate.
· Unha copa de xerez seco.
· Cognac.
Elaboraci�n:
Sacamos os interiores da arcea e picámolos ben ata ter unha pasta. Envolvemos a arcea no touciño, atándoa con fio e asándoa no forno durante aproximadamente 15 minutos. Retíranse o fio e o touciño e colócase a arcea sobre un anaco de pan, nunha cazola de barro. A arcea deberá quedar sangrante e pouco feita.

Recollemos case toda a grasa do touciño que quedou na tixola e mesturámola cunha cullarada rasa de fariña, duas cullaradas de xerez seco e os interiores da arcea.

Despois de que fervera durante 5 minutos, pasámolo polo coador; vírtese sobre a arcea e sérvese. Se se prefire a arcea máis tenra e non sangrante, emprégase o mesmo procedemento pero ao metela no forno engádenselle as duas cullaradas de cebola picada e unha cenoria troceada. Aos 15 minutos quítaselle o touciño e engádenselle unha cullarada de fariña, catro de xerez e catro de salsa de tomate. Tápase a cazola e, segundo se vaia consumindo a salsa, váiselle engadindo auga, deixando que se cociñe pouco a pouco.
Cando esté tenra a arcea, cóase a salsa e vírtese sobre a arcea. Ao momento de servir rocíase cunha copa de cognac e préndeselle lume.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza