Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Xudías pochas con codorniz
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 4 codornices
  • 400 grs. de xudías pochas
  • 1 dl. de aceite de oliva
  • 1 trozo de óso de xamón
  • 100 grs. de cebola
  • 50 grs. de pemento verde
  • 200 grs. de tomate natural
  • 2 dentes de allo
  • Perexil
  • 1 folla de loureiro
  • Sal

Elaboraci�n:
Desgranamos as xudías pochas ata conseguir a cantidade necesaria, que poñeremos a cocer na cazola con litro e medio de auga fría aproximadamente, xunto co óso de xamón e a folla de loureiro, procurando que cando comecen a cocer asustar cun pouco de auga para que o seu comezo non seixa brusco e cozan mellor.

Collemos as codornices que previamente limparemos perfectamente. Dourámolas lixeiramente nunha tixola con aceite, engadimos o allo, a cebola e o pemento, todo picado finamente e deixamos estofar durante 10 minutos a lume lento. Despois engadimos o tomate pelado e ben picado que deixaremos 5 minutos máis, sempre a lume lento para que non se queime o sofrito.

Cando as pochas estén a media cocción engadiremos as codornices co sofrito, sazonando todo debidamente. O conxuto déixase cocer lentamente ata que alcance o punto desexado e o caldo quedara bastante reducido.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza