Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO CORUÑA
Roberto Dopico adxudícase o provincial
10/7/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto

O pasado 7 de xullo, desputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza de Cedeira unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Mais dunha vintena de cazadores se deron cita nesta fase provincial clasificatoria para o Campionato Galego da especialidade que foi xuzgada polo xuíz Marcial Ramil Hermida, David Romero Albores, Francisco Álvarez Rubiños e Juan Álvaro Rodríguez Pereira.

Roberto Dopico Dopico acadou o primeiro posto da xeral co seu pointer macho “Río dos Aluches” e converténdose no Campión Provincial. Antonio Olveira Pego co setter inglés “Killer” situábase en segunda posición. O terceiro caixón ocupábao Edelmiro Leira Pérez co setter inglés de nome “Edel del Arco Iris”.

En Damas era Nicolasa González Carrodeaguas a que acadaba o primeiro posto con “Sef de Caaveiro”. Facía o mesmo Eloy Rodríguez Martínez na categoría de Springers co can “Bilbo”.
A representación de A Coruña que acudirá o Campionato Galego da modalidade estará conformada por: Roberto Dopico Dopico, Antonio Olveira Pego, Edelmiro Leira Pérez, Jaime Aneiros Leira, Juan José Canosa Vigo e Serafín Corral Vázquez.

 

 
Ver máis novas de
Competicións | Federación | Eventos | Lexislación | Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RRCC PONTEVEDRA
26/4/2016
Roberto Rodríguez, campión provincial en Tomiño

PAXARILES
26/4/2016
Un total de 123 paxaros participaron na fase provincial de Pontevedra

EN XABARIL E SAN HUBERTO
18/4/2016
Alta participación na II edición do Campionato Terra de Melide

COMPAK SPORTING CORUÑA
4/4/2016
Roberto Rodríguez imponse en Río Sar e Daniel Cebreiro é o campión provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza