Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO PONTEVEDRA
O equipo “Silleda 2” gaña o provincial
13/1/2015

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo

O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de Pontevedra organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores de Cerdedo, Coirego, Cotobade e Forcarei.

Á proba acudiron un total de 35 equipos que, ao longo da mañan, tentaron dar caza o astuto e abundante raposo nestes montes pontevedreses.

Foi o equipo “Silleda 2” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao abater 2 raposos (1 macho e 1 femia) converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. Para coñecer o campión provincial fíxose preciso a realización dun sorteo xa que o segundo clasificado, o equipo “Salnes 4”, tamén conseguiu abater 2 raposos (1 macho e 1 femia). Completou o podio en terceira posición o equipo “Forcarei-Candan” con 1 raposo (1 macho).

A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “Lalín-Tantarantan”, conformando a representación da provincia de Pontevedra na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.

 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo 2015

GALERIA DE FOTOS:

  • raposopo2015 04
  • raposopo2015 02
  • raposopo2015 08
  • raposopo2015 01
  • raposopo2015 03
  • raposopo2015 10
  • raposopo2015 07
  • raposopo2015 05
  • raposopo2015 09
  • raposopo2015 06
Creado con UberGallery
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza