Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO
O equipo “Os Cambotes” gañadores da II Supercopa Galega de Raposo
2/2/2015

II Supercopa Galega de Caza de Raposo desputada en Lalín

O pasado sábado 31 de xaneiro tivo lugar a II Supercopa Galega de Caza de Raposo, anteriormente Copa España, que se disputou na comarca do Deza, concretamente nos montes de Lalín, Rodeiro e Dozón, estando organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza da zona.

Nesta Supercopa tomaron saída un total de 40 cuadrillas de caza chegadas de diferentes puntos das catro provincias galegas e que durante a xélida maña tentaron dar caza ao raposo.

A xornada transcorreu sen imprevistos e o número de raposos avistados, en total 74 dos cales 26 foron presentados en control polas distintas cuadrillas. Un bo número de capturas se temos en conta que a xornada estivo moi condicionada pola adversidade climática que afecta a Galicia nestes derradeiros días.

Foi o equipo pontevedrés “Os Cambotes” o que chegou ao control con un total de 4 raposos, feito este que lle reportou o primeiro posto da clasificación xeral e os converteu nos Campións desta II Supercopa Galega de Caza de Raposo. Con 3 raposos (2 machos e 1 femia), situábase en segunda posición o tamén equipo chegado da provincia de Pontevedra “Lanzada 1”. Xa en terceira posición, e tamén con 3 raposos (2 machos e 1 femia), situouse o equipo pontevedrés “Os Ferreiros”.

Unha vez pechado o control, cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades desfrutaron dun xantar de irmandade no que se congregaron máis de 500 comensais. Entre as autoridades alí presentes atopábanse os presidentes provinciais da FGC de Ourense e Pontevedra, Antonio García Reinoso e Francisco Couselo Castiñeira respectivamente, Ramón Rodríguez Cobas, delegado da competición de Raposo da FGC e secretario xeral da FGC, o presidente da FGC Javier Nogueira Diz, José Manuel Blanco Cordido presidente da sociedade de caza O Farelo, Rubén Perfecto Quinta Quinta presidente da sociedade de caza de Rodeiro, José Luis Gil Fernández presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, Almilcar Rodríguez Magallanes presidente da Sociedade de Caza de Dozón, o alcalde de Rodeiro Luis López Diéguez, o alcalde de Lalín José Crespo Iglesias, o xefe de servizo provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra Pablo Caballero Javierre e a Directora Xeral de Conservación da Natureza Verónica Tellado Barcia. Foi a entrega de premios a que puxo o punto e final a esta II Supercopa de Caza de Raposo e que dalgún xeito puxo o colofón e deixa vela proximindade do fin da tempada de caza 2014/2015 en Galicia.

 

GALERIA DE FOTOS:

II Supercopa Galega de Caza de Raposo
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza