Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC OURENSE
Antonio Iglesias foi o Campión da proba e Xosé Vázquez o Campión Provincial
9/5/2016

Tendo de escenario o Tecor de “Santiago de Corneda” (Pol de Piteira), unha boa organización, uns bos campos e nun día no que a chuvia foi a nota negativa da xornada, celebrouse o pasado día 7 de maio o Campionato Provincial de Percorridos de Caza de Ourense. Torneo clasificatorio para o Galego da especialidade no que competiron un total de 41 tiradores que foron repartidos en sete escuadras.

A clasificación nos primeiros postos e por categorías quedou como sigue:

Sénior:

  1. e campión xeral, Antonio Iglesias Otero, con 90 acertos de 100 posibles.
  2. e subcampión, Ángel Mosquera Cornide, con 88 dianas.
  3. Daniel Cebreiro García, actual campión galego, cos mesmos pratos co anterior (ambos desempataron para decidir a clasificación)
  • Campión provincial nesta categoría, Xosé A. Vázquez Rivera, con 79/100

Veteranos:

  1. Ángel Ramón Vidal Quintela, con 79/100
  2. Antonio Castro Ferreiro, con 77/100
  3. e campión provincial, Eliseo Faraldo Fernández, con 76/100

Superveteranos:

  1. Ángel Mosquera Rguez, con 68/100

Damas:

  1. Mª Mercedes Saavedra Barcia, con 40/100

Handisport:

  1. Artemio Formoso Barro, con 82/100
  2. Juan José Iglesias Covas, con 43/100

Xuvenís:

  1. Alejandro Fernández Seco, con 68/100
  2. Antón Moure Segade, con 56/100

  

  

Salientar que o exercicio comezaba pasadas as nove da mañá e concluía preto das catro da tarde. De seguido un extraordinario cocido foi servido no Restaurante Xardín de O Carballiño. Xantar no que estiveron directivos da Federación de Caza en Ourense, organización e o presidente do Tecor anfitrión, Pepe Otero, quen colaborou de xeito notorio no acontecemento.

Á hora de facer uso da palabra, o mandatario social agradeceu a presenza de todos, mentres o presidente federativo amosouse satisfeito tanto pola participación como polo comportamento deportivo dos competidores, anunciando “sorpresas” para a seguinte edición. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza