Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN CASTRO CALDELAS
A final galega de caza de raposo foi gañada polo equipo lucense "Os Rápidos"
23/1/2017

Coa participación de 16 cuadrillas clasificadas previamente nas fases anteriores e cada unha delas formada por un total de 11 persoas (9 cazadores, 1 xuíz e 1 guía) disputouse o pasado día 21 de xaneiro o XXII Campionato Galego de Caza do Raposo, do que asumiu a súa organización a Federación Autonómica de Caza e a Sociedade “Terra de Caldelas”.

Unha final que tivo de anfitrión un escenario para enmarcar, repartido polos municipios de A Teixeira, Montederramo e Castro Caldelas, e que serviu para outorgarlle o titulo de campión autonómico da especialidade  a pandilla luguesa de A Terra Chá, “Os Rápidos”, o ser os máximos anotadores con tres pezas no seu haber.

A competición, que estivo dirixida por Ramón Rodríguez  Cobas, a súa vez Secretario Xeral da Federación Galega de Caza,  levouse a cabo nunha xornada intensa, botando a andar o programa ás 7,30 da mañá coa reunión dos competidores no Café-Bar Castro, de Castro Caldelas, nun día que alborexou moi frío (-3 graos) pero que axiña saíu o sol para quentalo ambiente e darlle más lucidez se cabe, a un torneo que viviron con intensidade os concorrentes, desenvolvéndose a competición entre ás 9 da mañá e as 13,30, dispoñendo logo dunha hora máis os cazadores para presentarse no posto de control situado á entrada de Montederramo. Foron catro horas e media de exercicio nas que se capturaron 13 raposos (8 machos e 5 femias), da trintena deles que foron levantados, pero que puideron ser moitos máis de non marcharse algúns cans seguindo a corzos e xabariles en vez do protagonista da cita.

CLASIFICACIÓN 

  • 1º Medalla de Ouro, Cuadrilla “Os Rápidos”, da Terra Chá de Lugo, con 3 pezas e 1.500 puntos.
  • 2º  Medalla de Prata, equipo “Aparta que ahí vamos”, tamén da Terra Chá de Lugo, con 2 zorros e 1000 puntos.
  • 3º Medalla de Bronce, “Os Unidos” de Vimianzo (Coruña), cos mesmos puntos co anterior.

Os outros equipos que fixeron diana, aínda que algúns entraron fora da hora no control, foron:  Os Intocables (Mazaricos), “Os Rapaces” (Coristanco), “O Cordal de Ousá (Friol), “Ganados Blanco” (Santa María Alta / Lugo) e “Lamela” (Nogueira de Ramuín).

CLAUSURA

Un dos momentos culminantes da xornada foi o da clausura. Acto que se levou a cabo no Claustro do Mosteiro de Montederamo, logo do tradicional xantar de confraternidade no que non faltou o doce local por excelencia, a “bica mantecada”, asistindo unha ampla representación da Federación Galega  co seu presidente, Javier Nogueira, o fronte, así como varias autoridades locais, comarcais, provinciais e autonómicas, non botándose en falta a ninguén,  aínda que a ausencia da Alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, foi moi comentada e criticada polos organizadores locatarios. 

Os que si estiveron foron os alcaldes de A Teixeira, Miguel Antonio Cid e o de Montederramo, Antonio Rodríguez, así como a Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Ourense, María Victoria Núñez López e o responsable  provincial de caza e pesca na provincia ourensán, Juan José Gómez. Tamén ocupaban sitio na mesa presidencial, Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral da FGC e Director do Campionato; José María Álvarez Villar, Coordinador de Competicións da FGC. Antonio García Reinoso, Presidente da FGC en Ourense. Manuel Feijoo Castro, Vogal na Galega e Secretario Xeral  da FGC en Ourense, e o presidente da Sociedade cinexética hospedadora, Manuel Lage Blanco.

O remate do xantar algunhas destas autoridade fixeron uso da palabra para darlle a benvida  a Terra de Caldelas os participantes,  felicitar os campións e animar a todos a seguir con esa harmonía e deportividade posta de manifesto  o longo desta Final.

Una vez entregadas as medallas, trofeos e recordos, que de todo e para todos houbo, falamos co xefe do equipo vencedor, Juan José Fernández, quen se amosou moi satisfeito cos resultados, exaltando o marco elixido para o evento, e a boa organización. “Desde logo que foi un día completo. Xa fai dos anos quedaramos subcampións nesta mesma modalidade, pero hoxe tivemos a sorte que nos faltou noutros anos e acadamos ese primeiro posto e con elo a medalla de ouro da Federación. Fenomenal todo”, manifestou.

Tocante a agradecementos, a verdade é que todos los representantes da Sociedade de Caza local volcáronse en atencións con nos para que puideramos cumprir en debidas condicións coa misión informativa encomendada, así que por forza temos que dárllelas grazas a Patricia Rodríguez, Denis Osorio, Roberto Devigo. Alfonso Fernández, Isidro Fernández, Agustín “Gainza” e Emilo Rodríguez.

En resumo e para terminar, dicir que con un escenario competitivo de primeira, unha organización extraordinaria e unha climatoloxía espléndida, como non podía ser doutro xeito, o resultado final foi o que tiña que ser: un éxito total. Por certo que, una vez máis, un equipo da Produtora Lumavisión Galicia fixo unha ampla reportaxe do acontecido con imaxes impresionantes e diversas opinións dos protagonistas, que axiña poderemos ver en varias televisións así como na páxina web da Federación Galega de Caza. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo

TROFEO CIDADE DE LUGO CANS PARADA
17/03/2024
Bóveda acolleu o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada

TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO
05/03/2024
Arqueiros campións do Trofeo Concello de Soutomaior

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
04/03/2024
A sorte fixo que Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” resultase gañador


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza