Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AUTONÓMICO DE ARCEAS
O coruñés Ramiro Lamas con “Chester” é o novo campión galego de caza de arceas
12/12/2021

XXV Campionato Galego de Caza de Arceas desputado en A Baña

De magnífica podemos tildar a edición número XXV do Campionato Galego de Caza de Arceas desputado o pasado 11 de decembro no concello coruñés de A Baña. E todo elo grazas a colaboración da Sociedade de Cazadores Sancan que, xentilmente, cedeu uns extraordinarios terreos para a desputa deste Autonómico de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza.

 

Un total de 22 cazadores clasificados nas catro probas provincias e cos seus respectivos xuíces e cans tomaron saída nesta edición no que destacamos a alta densidade de arceas avistadas. Foron preto de 30 as migratorias avistadas polos participantes que desfrutaron dunha xornada con intensos e abundantes lances cinexéticos. 

O cazador Ramiro Lamas Vilanova chegado da Coruña e participando co setter “Chester” foi o que se converteu no novo campión galego da especialidade ao acadar un total de 1.000 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en segunda e terceira posición remataba o ourensán José Antonio Vázquez Rivera con “Katy” e o pontevedrés José Dios de la Iglesia con “Kevin”, obtendo a prata e o bronce respectivamente.

A conversa dos numerosos lances cinexéticos entre os participacipantes que chegaban ao control e a gran deportividade amosada por todos eles foi o preludio á clausura da competición e entrega de premios. 

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza