Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas
25/03/2024

Campionato Provincial da Coruña de Caza San Huberto

O pasado sábado 23 de marzo, chegaba unha edición máis da fase provincial da Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade.

A Federación Galega de Caza da Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión o Tecor de Xallas para desputar o provincial de Caza San Huberto.

O cazador Juan José Canosa Vigo facíase con este provincial ao compretar un extraordinario percorrido, coa pointer de nome “Nike da Chousa”, que lle reportou unha puntuación de 80 puntos. Antonio Costa López foi o subcampión co setter “Paiper” e 65 puntos. Remataba en terceira posción Edelmiro Leira Pérez co pointer macho “Nilo do Lugar Vello” con 61 puntos. 

En Damas a campiona era Lidia Almeida de Oliveira que participaba co setter inglés “Dilan de Peago” e obtiña 47 puntos. O segundo posto era para Nuria Varela Painceiras que participou co pointer “Perseo da Xeara” e obtivo un total de 33 puntos.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza