O pasado 8 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo, que tiña lugar nos Tecores das Sociedades “Lamagrande”, “Corgo” e “Santa Bárbara”, e organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coas citadas sociedades de cazadores.
Participaban na proba un total de 20 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Ganados Blanco” ao capturar 2 raposos. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Pasarela” que remataba no segundo posto, e o mesmo número capturaba tamén a cuadrilla “Non me quentes a cabeza” que acadaba o terceiro posto.
Estas tres primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| Pos |
Cuadrilla |
Capturas |
| 1º |
Ganados Blanco |
2 raposos |
| 2º |
Pasarela |
2 raposos |
| 3º |
Non me quentes a cabeza |
2 raposos |
| 4º |
Hermunde |
2 raposos |
| 5º |
Muxís |
2 raposos |