Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
CAMPIONATO ESPAÑA PERCORRIDOS
Artemio Formoso campión en Handisport e Ángel Mosquera subcampión en superveteranos
Competicións (Percorridos de Caza)

27/6/2011

XXXVII Campionato de España de Percorridos de Caza - Grand Prix FITASC

Esta pasada fin de semana disputouse en Castillejo de Robledo – Soria, a XXXVII edición do Campionato de España de Percorridos de Caza organizado pola Real Federación Española de Caza.

Ata terras casteláns desprazáronse un total de 18 tiradores galegos máis o presidente da Federación Galega de Caza Javier Nogueira, para tentar deixar a nosa comunidade onde se merece no que o tiro se refire.

Todo daba comezo o venres día 24 cando os primeiros pratos facían as primeiras traxectorias deste Campionato de España no que competiron un total de 281 tiradores sobre 200 pratos divididos en 8 canchas.

Da actuación da representación galega neste campionato temos que destacar a Artemio Formoso Barro o se converter en Campión de España na categoría de Handisport e a Ángel Mosquera Rodríguez por acadar o subcampionato en superveteranos. Artemio obtivo unha ampla vantaxe sobre o segundo clasificado e a Ángel Mosquera, as elevadas temperaturas e pequenos problemas físicos, relegárono o segundo posto despois de disputar o desempate para o primeiro posto co canario Olegario Rodríguez Fajardo.

Foi o aragonés Juan Carlos Navarro Asín o que subiu o máis alto do podio na clasificación xeral con 186 + 23 pratos escachados sendo deste xeito o novo Campión de España da modalidade seguido polo madrileño Jaime Valentín Vara con 186 + 18 pratos. O terceiro posto foi ocupado polo navarro Miguel Lucea Villanueva con 185 pratos.

Ata o posto 25 da clasificación xeral temos que baixar para ver o primeiro tirador galego, Antonio Iglesias Otero cun total de 174 pratos escachados.

 

Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza