Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
COPA ESPAÑA SAN HUBERTO
Juan Carlos Arteche e Nicolasa González, cuartos na Rioxa
Competicións (San Huberto) | Temas: Selección Galega

19/9/2011

O pasado sábado disputábase na localidade rioxana de Alfaro, a Copa España de Caza San Huberto, na que competían os deportistas da selección galega.

Na categoría masculina, o deportista de Palas de Rey (Lugo) Juan Carlos Arteche Castillo, que competía co setter inglés Breco de Reinadama, quedaba cuarto no barrage.

O domingo disputábase o Campionato de España de Donas e de Levantadores. En Donas, a flamante campiona galega, Nicolasa González Carrodeguas, de Narón (A Coruña), que competía co setter inglés Jef de Caaveiro, acadaba tamén o cuarto posto da xeral, mentres que a súa compañeira Ana Arbiol (Palas de Rei-Lugo)  -campiona de España da edición anterior- resultaba quinta.

En levantadores, o cazador de Nigrán (Pontevedra), Victor Villar Fernández, que aparecía en tódolas quinielas entre os tres favoritos, co seu springer spaniel Júpiter Estrellas de Tebra, tivo que conformarse co sexto posto.

Destaca-la actuación arbitral, entre os que se atopaban os xuíces do Colexio Galego, José Lugris, Esteban Cambón, Pedro Varela e Marcial Ramil, estes dous últimos como Auxiliares.

 

Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza