Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA
O galego Andrés Pena con “Jana de Bosende” clasificado para o Campionato do Mundo de Caza Práctica
10/10/2011

“Jana de Bosende” tamén foi seleccionada para o Campionato de Europa de Caza Práctica

O vindeiro fin de semana, 14 e 15 de outubro, terá lugar na localidade francesa de Cassia, o Campionato do Mundo de Caza Práctica no que o lucense Andrés Pena con “Jana de Bosende” formará parte da Selección Española na categoría de Continentais.

Andrés Pena accede a este Campionato do Mundo a través da participación en 6 probas selectivas, 4 delas organizadas polos Clubs Bretón, Pointer, Braco Alemán e Setter e dúas a través da Real Federación Española de Caza, en total 12 días de dura competición disputados na provincia de Toledo sobre caza salvaxe.

A selección española estará integrada por 4 titulares e 1 reserva, Pena Vázquez quedou clasificado como 2º titular debido as excelentes puntuacións acadadas en ditas probas.

“Jana de Bosende” tamén foi seleccionada para a participación no Campionato de Europa de Caza Práctica na categoría de continentais despois da participación nas 6 probas citadas anteriormente máis a Copa de España de Caza Práctica.

Con estas clasificacións, Andrés Pena Vázquez agranda máis si cabe o seu amplo palmares despois de moitos anos no mundo da competición. A Federación Galega de Caza quere amosar a súa satisfacción polos éxitos acadados polo cazador lucense, desexándolle toda a sorte para estas próximos citas.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza