Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO CAZA MENOR
O pontevedrés Benito Abal é o novo campión
21/11/2011

O Campionato Galego de Caza Menor con Can disputouse no Tecor coruñés de Tordoia

O pasado 19 de novembro, celebrouse o Campionato Galego de Caza Menor con Can, a proba raíña dentro do calendario de competicións da Federación Galega de Caza, que nesta ocasión tivo como escenario o Tecor coruñés de Tordoia.

Un Tecor e unha Sociedade de Caza que puxo a disposición da FGC uns terreos cinexéticos cunha máis que destacable abundancia e diversidade de caza, mostra delo foron as 21 pezas abatidas polos 22 participantes que tomaron a saída nesta XXV edición.

Cun pequeno retraso de media hora por mor da néboa, segundo o horario previsto pola organización, o Director da Proba, Manuel Feijoo Castro, deu a saída os 22 participantes clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o vixente campión da especialidade.

Una vez disipada a néboa, esta deu paso a unha excelente xornada de caza, baixo unhas condicións atmosféricas idóneas para a práctica cinexética e que favoreceu o bo transcorrer da xornada. Dende o control, os primeiros disparos non se tardaron en facer escoitar e todo apuntaba a que os avistamentos de caza eran numerosos.

A sorpresa non se fixo agardar e as 12:19 fixo a entrada no control o cazador pontevedrés Benito Abal Costa co cupo de 2 perdices que xa o situaba con moitas posibilidades de acadar o campionato autonómico.  Tan so 15 minutos máis tarde facía a súa entrada o cazador lucense, Antonio González Álvarez portando 2 arceas e que tamén o situaban provisionalmente nos postos máis altos.

Os diferentes participantes foron chegando, moitos deles portando caza e sobre todo caza variada xa que se abateron perdices, faisáns, pombos, arceas, paspallás e agachadizas. Agardábase con expectación a entrada dos vixentes campións provinciais e do actual campión da especialidade para ver se eran quen de arrebatarlle, provisionalmente, o campionato o pontevedrés Benito Abal.

Non foi así, é unha vez feita a entrada en control de tódolos cazadores e xuíces dentro do horario previsto e analizada as pezas abatidas polo equipo veterinario, o Director da Proba deu a coñecer a clasificación final que quedou do seguinte xeito:

1º Benito Abal Costa con “Tula”, campión con 2 perdices e 1.020 puntos
2º Antonio González Álvarez con “Usa de Pasarín”, subcampión con 2 arceas e 1.000 puntos
3º Jorge Vázquez Iglesias con “Musa”, con 1 arcea e 3 pombos e 950 puntos

Dende a FGC, desexarlle o Campión Galego, Benito Abal Costa, a noraboa e toda a sorte para representar á comunidade galega no vindeiro Campionato de España de Caza Menor con Can que terá lugar o día 9 de decembro en Daroca (Zaragoza).
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza