Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
RRCC ARCO CORUÑA
Arqueiros en Arteixo
Competicións (Percorridos de Caza con Arco)

13/2/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco

O pasado sábado 11 de febreiro disputouse no concello coruñés de Arteixo o Campionato Provincial de Percorridos de Caza con Arco.
Na proba participaron un total de 32 arqueiros divididos nas súas respectivas categorías. Estes participantes deron mostra do seu bo facer cos arcos e frechas amosando a súa credencial para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.

Na categoría masculina de Arco Asistido o gañador foi Jaime Villaverde obtendo un total de 162 puntos. Seguiuno o arqueiro Xosé Manuel Pousada con 134 puntos. Co mesmo número de puntos que Xosé Manuel pero en terceira posición situouse Pedro José Martínez.

Na categoría feminina de Arco Asistido a gañadora foi Dolores Bugarín con 150 puntos. A segunda praza foi ocupada por María Luisa Rodríguez con 145 puntos. Subiu o terceiro posto do podio a arqueira Iratxe Guillen.

Na categoría masculina de Arco Tradicional o primeiro posto acadouno Óscar Novas con 174 puntos. Mais ao lonxe, pero en segunda posición, situouse Pablo Martínez con 83 puntos. Xa na terceira posición e con 78 puntos, quedou clasificado Abel López.

Na categoría feminina de Arco Tradicional a única arqueira participante foi Sonia María Ribeiro que obtivo unha puntuación de 62 puntos.

Na categoría de Long Bow o mellor clasificado foi Antonio Fernández con 98 puntos. E con 83 puntos seguido Manuel Fernández. Xa no terceiro posto situouse Juan Bandeira con 42 puntos.
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de A Coruña de RRCC con Arco 2012
Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza