Que facer en caso de accidente de caza?
Protocolo de actuación en caso de accidente durante a actividade cinexética
Necesita alguén atención médica inmediata?
Chamar ao teléfono de urxencias de Mutuasport para que asignen centro médico de asistencia máis próximo.
Houbo algún dano material?
Recoller datos de contacto do(s) afectado(s), documentación e toda a información posible, para facilitar e axilizar o trámite das indemnizacións correspondentes.
O dano foi causado por un can?
Tódolos seguros da FGC aseguran o dano causado polos cans que leve o cazador durante a xornada de caza ou adestramento.
Se se extravía un can durante a xornada de caza, denunciar antes de 72 horas, tal como establece a lei, ante as autoridades ou no REGIAC, e comunicar á FGC.
SEMPRE, dar parte do accidente a Mutuasport, a través da Federación Galega de Caza, antes de 7 días.
Contacto Federación Galega de Caza
Teléfono: 981 562 777
Email: federacion@federaciongalegadecaza.com