LUGAR: Zona de Forgoselo, situada no concello de As Pontes, e incluída dentro do Tecor Cinexético C-10113 “Venatoria Puentes”.
INSCRICIÓNS: Poden realizarse ata o día 10 de xullo ás 15:00 na sede da Federación de Caza da Coruña, na rúa Vila de Caión 27 baixo 2A de Carballo, Tfno.: 981 70 29 57, Fax: 981 75 50 74 ou no e-mail: coruna@federaciongalegadecaza.com. A inscrición é libre para tódolos cazadores federados.