Son moitos os eidos nos que a Federación Galega  de Caza traballa día a día para aos cazadores galegos, algúns máis burocráticos  como representalos e defender os seus dereitos ante Administración e outros  colectivos ou realizar achegas que fagan a lexislación máis favorable ao  cazador, e outros máis directos como repartir material de seguridade entre as  sociedades, ou realizar trámites de licencias e emisoras. 
                    Un proxecto de recente creación, denominado “Clube de Descontos”, achégase  máis a este segundo ámbito de axuda ao cazador galego dun modo máis directo e  palpable. A Federación Galega de Caza non é allea ao momento económico no que  se atopa a sociedade polo que este novo proxecto permitirá ao cazador federado  acceder a un cada vez máis amplo catálogo de descontos en todo tipo de empresas  e comercios da nosa comunidade. 
                    Pero para profundizar e coñecer máis polo miúdo  este “Clube de Descontos” imos conversar co Presidente da Federación Galega de  Caza, Javier Nogueira Diz, que de primeira man nos pode aclarar as dúbidas máis  comúns sobre este proxecto. 
                      
                    
                      - Javier, ¿en qué consiste o Clube de Descontos e qué vantaxes ten para o  Cazador Federado?
 
                     
                    É un dos moitos proxectos nos que  traballamos dende a Federación para dar o mellor servizo posible aos cazadores.  Neste caso trátase de poñer en contacto aos cazadores federados con diversas  empresas relacionadas co sector cinexético para achegar as mellores ofertas e  descontos nos servizos e productos máis demandados polos cazadores galegos,  dende trámites administrativos como permisos de armas ata productos de  alimentación para cans, equipamento de caza, etc. 
                    
                      - ¿O Clube de Descontos só contará con empresas relacionadas co ámbito  cinexético, ou poderá adherirse calquera tipo de negocio?
 
                     
                    En principio só traballamos con empresas  que estén relacionadas directa ou indirectamente coa caza, pero ao contrario do  que poida parecer, estamos ante un abanico de posibilidades extremadamente  amplo: armerías, psicotécnicos, clínicas veterinarias, tendas de deporte,  alimentación canina, hoteis, restaurantes, vehículos...a gama de negocios que  poden participar no ámbito cinexético dunha ou doutra maneira é moi extensa. 
                    
                      - Sen dúbida o Clube é unha grande axuda para o peto dos Cazadores, pero  ¿cree que as empresas adheridas poden favorecerse igualmente deste proxecto?
 
                     
                    Calquer empresa ou negocio que se precie está na  procura constante de novos clientes, e de darlle a máxima publicidade e  transcendencia ao seu producto ou servizo. A través do Clube de Descontos da  Federación Galega de Caza non só vai a atraer novos clientes senón que vai  obter unha promoción moi importante a través das canles de comunicación que a  Federación ten ao longo da xeografía galega, extendendo o seu ámbito de  influencia e enriquecéndose do prestixio que aporta traballar cunha  organización como a Federación. 
                      De feito este interese por parte das empresas no  Clube de Descontos xa é palpable nas nosas oficinas, onde estamos a traballar a  diario con multitude de negocios interesados adherir as súas ofertas e servizos  ao noso catálogo. 
                    
                      - Agora, poñámonos na pel dun cazador que se achega a un establecemento  adherido ao Clube de Descontos, ¿qué precisa para que este desconto se faga  efectivo?
 
                     
                    É tan sinxelo como levar connosco a  nosa Licenza Federativa ou Documento Único –licenza federativa máis seguro do  cazador- e presentala no establecemento correspondente. Éste é o noso carné de  cazador federado e polo tanto o documento que certifica que pertencemos á  Federación Galega de Caza.  
                    
                      - ¿Cómo poden coñecer os cazadores galegos os negocios ou empresas están  adheridos a este Clube, e qué descontos lle ofrecen?
 
                     
                    Como calquera información relativa á  Federación, temos dispoñibles tódalas canles de información posibles. A máis  inmediata é a nosa páxina web, que conta cun apartado que puntualmente se  actualiza coas últimas ofertas do Clube, incluíndo toda a información necesaria  con respecto ás diversas tarifas que se aplican, a ubicación do negocio que  oferta o desconto, os seus medios de contacto, etc. Por suposto en calquera das  nosas oficinas no territorio galego, ben en persoa ou ben por teléfono  informamos aos interesados das diversas ofertas. E por suposto a través da  propia revista, Galicia Cinexética, que cada mes inclúe nas suas páxinas o  catálogo de ofertas dispoñibles. 
                    
                      - Dado que o Clube de Descontos vai poñer moitas empresas e negocios  vencellados coa caza en contacto cos cazadores, ¿pensa que pode ser un estímulo  para a economía galega esta corrente de oferta e demanda no sector cinexético?
 
                     
                    
                  Xa é sabido, como quedou  demostrado no noso Estudio Socioeconómico sobre a Caza e o Perfil do Cazador en  Galicia, que a caza é un sector que aporta moita riqueza á nosa comunidade,  especialmente ao entorno rural. Co Clube de Descontos, pretendemos que este  enriquecemento se extenda por toda a xeografía galega, tanto no ámbito rural  como no urbán, xenerando conexións entre os cazadores galegos e aquelas  empresas que crean productos ou servizos destinados á sua paixón. Esta corrente  de oferta e demanda, como ben dis, é favorecedora non só aos cazadores que se  benefician das ofertas, senón para as empresas que as ofrecen, e polo tanto ao  ámbito no que actúan, creando un dinamismo tan necesario na situación económica  actual.  |