Comunicar Ataque de Lobo

Protocolo de denuncia e actuación ante ataques de fauna salvaxe

Por que é importante comunicar?

A comunicación de todos os ataques producidos polo lobo é fundamental para:

  • Reclamacións á administración: Necesítase documentación de todos os ataques para poder realizar futuras reclamacións de compensación á Xunta de Galicia e outros órganos competentes
  • Estudos científicos: A información que recopilamos permite realizar estudos sobre o impacto desta especie na actividade cinexética galega
  • Xestión e control: Os datos achegan información crítica para as políticas de xestión e control de poboacións de lobo
  • Visibilidade do problema: Cada comunicación refoza o volume de evidencia do impacto real do lobo na caza e nos cazadores galegos

Comunicar incidencia á FGC

Se desexa comunicar calquera incidencia producida polo lobo, pode facelo mediante o seguinte formulario para que lle deamos traslado aos organismos competentes:

IMPORTANTE: Indica a zona exacta da incidencia (aldea, lugar, parroquia...) así como a data ou datas das incidencias.
Máximo 5 imaxes, 4MB por imaxe. Formatos: JPG, PNG, GIF
Voltar ao inicio

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.