Eliminación de conta

Solicitude de eliminación de conta e datos da app FGCaza

Esta páxina está destinada aos usuarios da aplicación móbil FGCaza, a app oficial da Federación Galega de Caza. Se desexas eliminar a túa conta e os datos asociados, podes solicitalo seguindo os pasos descritos a continuación.

Como solicitar a eliminación

1

Envía un correo electrónico á FGC

Diríxete a federacion@federaciongalegadecaza.com co asunto "Solicitude de eliminación de conta FGCaza".

2

Inclúe no correo os seguintes datos

  • O teu nome e apelidos
  • O teu enderezo de correo electrónico de acceso á app
  • O teu DNI (para verificar a identidade)
  • Indicación de se desexas eliminar só a conta de acceso ou tamén todos os datos asociados
3

Confirmación e prazo

Recibirás confirmación por correo nun prazo máximo de 30 días hábiles. A eliminación efectuarase tras verificar a identidade do solicitante.

Datos afectados pola eliminación

Datos que se eliminan

  • Conta de acceso (email e contrasinal)
  • Datos persoais (nome, apelidos, teléfono, código postal)
  • Sesións activas e tokens de autenticación
  • Rexistro de cans asociados á conta
  • Historial de inscricións en competicións realizadas a través da app
  • Notificacións in-app

Datos que se conservan

  • Solicitudes de federación e pagos realizados (obriga legal fiscal, 5 anos)
  • Rexistros de auditoría anonimizados (seguridade, 1 ano)
  • Documentos locais gardados no dispositivo do usuario (nunca se envían ao servidor)

Documentos locais: os documentos gardados na sección "A miña documentación" da app almacénanse exclusivamente no teu dispositivo e non se envían nin almacenan en ningún servidor da Federación. Para eliminalos, basta con desinstalar a aplicación.

¿Precisas axuda?

Tamén podes contactar telefonicamente coa Federación Galega de Caza

981 562 777 Ver oficinas

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.