Inicio Calendario Buscar Contacto

 
CAZA
Lei de Caza
Orde de Vedas
Sinalización Tecores
Exame do Cazador
Manual do Cazador
Taxas
 
CONSULTAS
A FGC Responde
Facer unha consulta á FGC
Protocolo EVH
Enfermidade Vírico-Hemorráxica

Ven de detectarse en varios tecores unha nova variante da Enfermidade Vírica Hemorráxica (EVH) no coello de monte, e ante a próxima apertura da tempada de Adestramento (1 de setembro), desde esta Federación Galega de Caza pensamos que este é o momento máis axeitado para que os cazadores coñezamos máis polo miúdo esta grave enfermidade que afecta, ou pode afectar, aos coellos dos nosos tecores, e ao mesmo tempo poder colaborar, mediante a recollida de mostras, cando detectemos animais mortos que presenten signos da enfermidade.

A FGC ven de elaborar un Protocolo con información sobre a nova cepa da EVH, sobre as medidas de prevención, e tamén as precaucións que deberemos adoptar para tratar de impedir a dispersión da enfermidade. Este documento pódese descargar nesta sección e tamén pode soliciarse directamente á Federación.

Tamén pode descargar unhas pautas básicas, para a recollida de mostras, extraídas do Plan de Vixilancia da Xunta de Galicia.

Agardamos, e desexamos, que coa colaboración de todos, sociedades e cazadores, Administración, e outras entidades, consigamos impedir que se espalle esta enfermidade polos tecores da nosa Comunidade.

 

Documentación

Protocolo de actuación ante a nova cepa de EVH

Ficha de recollida de mostras

Centros de recollida de mostras

Axentes territoriais e zonas de gardería da Consellería de Medio Ambiente



Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza