|
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA |
Imprimir esta receita |
Enviada por: FGC
Ingredientes:
- 4 codornices
- 400 grs. de xudías pochas
- 1 dl. de aceite de oliva
- 1 trozo de óso de xamón
- 100 grs. de cebola
- 50 grs. de pemento verde
- 200 grs. de tomate natural
- 2 dentes de allo
- Perexil
- 1 folla de loureiro
- Sal
Elaboraci�n: Desgranamos as xudías pochas ata conseguir a cantidade necesaria, que poñeremos a cocer na cazola con litro e medio de auga fría aproximadamente, xunto co óso de xamón e a folla de loureiro, procurando que cando comecen a cocer asustar cun pouco de auga para que o seu comezo non seixa brusco e cozan mellor.
Collemos as codornices que previamente limparemos perfectamente. Dourámolas lixeiramente nunha tixola con aceite, engadimos o allo, a cebola e o pemento, todo picado finamente e deixamos estofar durante 10 minutos a lume lento. Despois engadimos o tomate pelado e ben picado que deixaremos 5 minutos máis, sempre a lume lento para que non se queime o sofrito.
Cando as pochas estén a media cocción engadiremos as codornices co sofrito, sazonando todo debidamente. O conxuto déixase cocer lentamente ata que alcance o punto desexado e o caldo quedara bastante reducido.
|
|