A persoa federada remitirá á FGC copia do seu DNI e orixinal do Impreso de representación no REGIAC, debidamente cumprimentado e asinado. O solicitante, como OUTORGANTE da representación, só ten que cubrir os seguintes datos:
- DATOS DA PERSOA OUTORGANTE (Nome, apelidos e NIF)
- SINATURA DA PERSOA OUTORGANTE
Ademais da documentación anterior, será, necesario, segundo o tipo de baixa, a seguinte documentación por cada can a dar de baixa:
- Baixas por extravío, ou por ser devorado polo lobo: denuncia dos feitos ante os corpos de seguridade
- Baixas por traslado a outras CCAA: DNI do adquirinte, CCAA de destino e documento de cesión / transmisión
- Baixas por morte: declaración responsable de enterramento do can
A FGC, unha vez realizado o trámite no REGIAC, remitirá á persoa federada o xustificante acreditativo conforme se presentou a súa baixa no Rexistro. No caso das baixas por traslado de CCAA a persoa federada deberá enviar ao novo persoa propietaria do can a baixa para que este poida tramitar a alta no rexistro correspondente da súa CCAA. |