Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
TRÁMITES NO REGIAC
Inicio
Trámites no REGIAC para cazadores federados
Solicitude de cambio de persoa propietaria de cans

A persoa federada remitirá á FGC:

  • Copia do seu DNI
  • Orixinal do Impreso de representación no REGIAC, debidamente cumprimentado e asinado.
  • Orixinal do Impreso de pluralidade de representación no REGIAC, debidamente cumprimentado e asinado polo cedente e o adquirinte do can

No impreso de representación do REGIAC, o solicitante, como OUTORGANTE da representación ao veterinario, só ten que cubrir os seguintes datos:

  • DATOS DA PERSOA OUTORGANTE (Nome, apelidos e NIF)
  • SINATURA DA PERSOA OUTORGANTE

No impreso de pluralidade de representación no REGIAC, o adquirinte do can outórgalle a representación ao cedente para o trámite de cambio de propiedade. Este impreso debe ser cuberto cos seguintes datos:

  • DATOS DA PERSOA SOLICITANTE (Nome, apelidos e NIF do actual propietario do can)
  • Na táboa de representados, indicar nome, apelidos e DNI do adquirinte do can, así como a súa sinatura na mesma táboa. Se son varios os adquirintes (varios trámites de cambio de propietario) deben cubrir esta táboa tódos os adquirintes
  • Na parte final do documento, onde pon SINATURA DA PERSOA INTERESADA OU REPRESENTANTE, asinará o actual propietario do can

Ademais da documentación anterior, será, necesario, un documento de cesión / transmisión por cada un dos cans e o DNI da persoa que adquire o can.

Impreso de representación no REGIAC
Impreso de pluralidade de representación no REGIAC

Modelo de documento de cesión / transmisión de cans



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza