A persoa federada remitirá á FGC copia do seu DNI e orixinal do Impreso de representación no REGIAC, debidamente cumprimentado e asinado. O solicitante, como OUTORGANTE da representación, só ten que cubrir os seguintes datos:
- DATOS DA PERSOA OUTORGANTE (Nome, apelidos e NIF)
- SINATURA DA PERSOA OUTORGANTE
Mediante este escrito, autoriza ao veterinario colaborador a realizar no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía a consulta dos datos dos cans que a persoa federada ten de alta.
Unha vez realizados os trámites no REGIAC, a FGC remitirá á persoa federada, titular dos cans, o listado dos animais de alta. |