Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
A Xunta aproba a regulación da vindeira tempada de caza
| · 26/5/2014


A tempada de caza 2014/2015 xa ten marcadas as pautas que se van seguir. Autorízase a caza dunha vintena de especies e unha das principais novidades é que se permite a captura da cabra montesa no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, pero hai outras novidades.

"Non se vai poder adestrar nas zonas libres teoricamente con motivo das posibles batidas ou ganchos de caza maior, non se vai poder cazar agacha nunha serie de concellos de Ourense".

A norma tamén regula a caza por danos, entre os que destacan os do lobo, que está a causar importantes danos non só no gando, senón tamén noutras especies salvaxes.

"Vense moitos lobos por moitos sitios. Xa non falamos das pezas salvaxes, nesas zonas os corzos están practicamente desaparecidos e os xabarís durán un pouco máis pero levan ese mesmo camiño e entón eu creo que hai que tomar unha medida antes de que sexa tarde".

A nova tempada de caza abarcará dende agosto deste ano ata xullo de 2015 e nela participarán os máis de 50.000 cazadores que hai en Galicia.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza