Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
A Xunta colabora coa Federación Galega de Caza na difusión dos valores medioambientais asociados á actividade cinexética

Mediante este acordo, a entidade representativa dos cazadores galegos organizará unha xornada de convivencia orientada a mozos de ata 30 anos co fin de que coñezan a caza como un deporte saudable e sustentable

Deste modo, a Consellería de Medio Ambiente reedita o acordo de cooperación asinado en 2016 coa entidade deportiva co obxectivo de avanzar na formación e no fomento da actividade como unha das medidas protectoras do medio natural

| · 13/7/2017

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará coa Federación Galega de Caza na organización dunha xornada divulgativa orientada a menores de 30 anos para que coñezan esta actividade como un deporte saudable e sustentable. Esta acción enmárcase dentro dun convenio de colaboración que vén de renovar o departamento autonómico coa entidade deportiva co fin de difundir e fomentar, entre os máis novos, os valores medioambientais asociados á actividade cinexética tales como o respecto e o coidado do patrimonio natural.

Este compromiso quedou ratificado, un ano máis, tras a firma, esta mañá, dun novo convenio de colaboración, asinado pola titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz.

Desta forma, a Consellería de Medio Ambiente renova o apoio a esta entidade, xa que é a máis representativa dos cazadores galegos, pois organízase en base a catro federacións provinciais e intégrase co conxunto das federacións rexionais na Federación Española de Caza.

Así, mediante este acordo, o Goberno galego contribuirá á realización de actividades de divulgación, formación e de fomento da actividade cinexética. Nese sentido, destaca unha xornada de convivencia destinada a mozos de ata 30 anos que practiquen a caza ou teñan interese nela co fin de que poidan aproximarse a esta actividade como unha das medidas para a protección do medio natural. Así, mediante a organización de charlas, conferencias e mesmo actividades lúdico-deportivas; poderán coñecer a importancia de preservar a fauna cinexética, así como promover o seu aproveitamento sustentable e o coidado e o respecto pola natureza. Esta xornada de convivencia celebraranse o vindeiro 29 de xullo nas instalacións da Sociedade Deportiva Sar, situadas en Vilouchada, dentro do termo municipal de Trazo.

A maiores, o convenio de colaboración contempla a reedición do curso sobre prevención dos sinistros, un curso formativo que achegará medidas de seguridade que se deben adoptar durante a práctica da actividade cinexética e na organización de batidas para evitar accidentes; ao igual que unha aproximación aos primeiros auxilios.

Curso de administración de sociedades

Tamén se colaborará na posta en marcha dun curso de formación dos responsables de caza, cuxa finalidade é a formación das persoas responsables das sociedades de caza na xestión interna e administrativa dunha entidade asociativa. Do mesmo xeito, recibirán nocións sobre o óptimo aproveitamento dos recursos cinexéticos en base aos criterios de sustentabilidade e respecto polo medio ambiente.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza