Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
O Inludes limpa en Castro unhas 25 hectáreas de monte
| · 4/9/2010
O Inludes iniciou os labores de roza e limpeza dunha superficie de preto de 25 hectáreas de monte raso e matogueira, propiedade da ganja Gayoso Castro da Deputación Provincial de Lugo, a fin de mitigar o risco de incendios nesta zona de abundante maleza e reducir así a poboación de xabarís que crían no medio destas matogueiras e logo causan importantes danos nas colleitas de millo e nos demais cultivos sementados nas parcelas particulares contiguas a estes terreos asilvestrados e moi húmidos.

A actuación proxectada nesta primeira fase das obras, adxudicada á empresa Eutaquio Transformacións Agrarias, prolongarase durante as próximas dúas semanas, que é o período previsto polos operarios que acometen estas tarefas de limpeza e roza nunha ampla zona de monte en desuso, tal e como indicou o concelleiro de medio ambiente de Castro de Rei.

Antonio Balado sinalou, ademais, que esta actuación promovida e financiada polo Inludes tivo moi boa acollida entre os veciños de Castro e de Matodoso, que ano tras ano sufrían nos seus cultivos os danos causados pola abundante fauna de xabarís e de corzos que crían nesta zona, á vez que, segundo agregou Balado, supuñan un perigo engadido para os condutores que circulaban polas estradas que conforman a rede viaria da zona.

O edil da área de medio ambiente do municipio de Castro de Rei avanzou ademais que a pretensión do Inludes pasa por acometer unha segunda fase desta actuación o próximo exercicio, cando prevé completar o acondicionamento deste monte, que se estende sobre unha superficie aproximada de 60 hectáreas e no que se contempla, nunha fase posterior, facer unha plantación de chopos, comentou.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza