Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Sete ecoloxistas, a xuízo por sabotear un torneo de caza
Sete activistas da fundación Equanimal serán xulgados o día 30 en Chantada por sabotear un campionato de caza do raposo celebrado o pasado mes de xaneiro en Portomarín, segundo informaron desde o propio colectivo.
| · 26/9/2010
Durante a disputa do torneo, de ámbito nacional, na vila viviuse un pulso entre ecoloxistas e cazadores, contando estes últimos co apoio dos gandeiros locais, que se manifestaron polas rúas de Portomarín para defender a caza como medio de control das alimañas.

Con motivo da proba, uns 200 activistas polos dereitos dos animais boicotearon a competición mediante o emprego de chifres e outros obxectos para facer ruído co que espantar aos raposos.

Aínda que a xornada reivindicativa foi menos tensa que en edicións anteriores deste mesmo torneo e pechouse sen altercados graves, sete dos integrantes de Equanimal deberán presentarse o día 30 nos xulgados de Chantada, imputados por desobediencia á autoridade.

Segundo aseguraron desde este colectivo a través dun comunicado, as multas que se lles poden impor oscilan entre os 50 e os 300 euros e, en caso de falta de pagamento, exponse a arrestos domiciliarios.

O portavoz de Equanimal, Eneko Pérez, apuntou, ademais, que outros 25 activistas foron multados por salvar «a vida dos raposos». Cada unha desas sancións foi de 60 euros, engadiu.

A pesar das sancións, o colectivo mantén que non deixará de levar a cabo «de forma pacífica o que sexa necesario para salvar vidas e difundir o respecto cara a todos os animais», apuntou Eneko Pérez.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza