Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Técnicos de Medio Rural analizan a evolución da fauna nos Ancares
| · 22/10/2010
O director xeral de Conservación dá Natureza, Ricardo García Borregón, e técnicos do seu departamento analizaron en Piornedo (Cervantes) os últimos estudos sobre evolución das especies cinexéticas nos Ancares, en concreto, das poboacións de corzo e rebeco, así como a súa relación co lobo.

Este encontro tiña como obxectivo estudar a evolución da fauna nos últimos anos e definir novas actuacións para mellorar o hábitat destas especies.

A Consellería de Medio Rural explica, a través dun comunicado, que a explotación cinexética dos Ancares pretende xerar ingresos aos residentes.

Os permisos de caza outórganse aos propietarios dos terreos da reserva, tanto para o seu uso persoal como para a cesión a outros cazadores, dentro das condicións que establece a normativa vixente.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza