Rexistro de canceiras

Comunicación de tenza de cans coa nova Lei de Protección Animal

Información xeral

En cumprimento da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que regula entre outras moitas cuestións, os requisitos a cumprir en relación á tenza de cans no domicilio, a Federación Galega de Caza (FGC) pon a disposición dos cazadores esta guía informativa sobre o rexistro de canceiras.

Trámites segundo número de cans

Os trámites a realizar dependerán do número de cans que cada cazador teña no seu domicilio:

1-5

Ata 5 cans

Non é obrigatorio ningún trámite.

6-14

Máis de 5 cans pero menos de 15

Cubrir e presentar o impreso de comunicación de tenza de máis de 5 cans maiores de tres meses.

Recomendámoslle que conserve unha copia da súa presentación no rexistro correspondente, xa que non recibirá resposta nin acuse de recibo.

15+

15 ou máis cans

É necesario o rexistro como canceira deportiva no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (REGANUZ), acompañado de memoria descritiva, proxecto técnico e informe veterinario.

Contacto

Para calquera dúbida sobre o rexistro de canceiras, contacta coa FGC:

Enviar consulta sobre canceiras →