Exame do Cazador

Todo o que necesitas saber para superar o exame de acceso á licencia de caza

¿Que é o Exame do Cazador?

O Exame do Cazador é unha proba obrigatoria para tódalas persoas que desexen obter a licencia de caza en Galicia pola primeira vez. Este exame pon a proba os coñecementos sobre legislación, bioloxía das especies, identificación de animais, normas de seguridade e outros aspectos fundamentais para exercer a caza de forma responsable e legal.

Requisitos

Idade mínima de 16 anos
Non se require ningún outro requisito previo

Estrutura do Exame

1

Proba Teórica

60
preguntas
30
mínimo acertos
90'
tempo máx.

Test tipo test con respostas alternativas sobre lexislación, bioloxía de especies, modalidades de caza, seguridade e normativa de cans.

2

Proba Práctica

20
especies
10
mínimo acertos
60'
tempo máx.

Identificación de especies cinexéticas e non cinexéticas mediante ilustracións fotográficas oficiais da Xunta.

Temario Completo

O exame do cazador abarca os seguintes temas:

  • Lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia sobre caza e normativa relacionada
  • Bioloxía e ecoloxía das especies cinexéticas de Galicia
  • Identificación, por sexo e idade, das especies cinexéticas e non cinexéticas que poidan ser confundidas coas anteriores, e determinación dos exemplares que son pezas de caza
  • Modalidades de caza e normas de seguridade nas cacerías
  • Delitos e faltas relacionadas coa caza no Código Penal
  • Coñecementos básicos do procedemento sancionador
  • Nocións básicas sobre sintomatoloxía das enfermidades que afectan ás especies cinexéticas
  • Normativa legal que afecta aos cans de caza
  • Nocións básicas sobre valoración de trofeos de caza
Manual do Cazador de Galicia
Guía oficial de estudo para a preparación do exame (edición 2019), publicada pola Xunta de Galicia.
Descargar Manual (PDF)

Datas e Locais das Probas

A Coruña
1º luns de
feb · abr · xuñ · set
Lugo
1º luns de
mar · mai · out · dec
Ourense
1º luns de
feb · abr · xuñ · set
Pontevedra
1º luns de
mar · mai · out · dec

Se o luns é día inhábil, a proba trasládase ao primeiro día hábil seguinte.

Pódese inscribir en calquera das catro provincias, independentemente do lugar de residencia.

Prazo de inscrición: cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data do exame.

Lexislación aplicable

Orde do 1 de xuño de 2007
Pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 11 de xuño).
Orde do 1 de abril de 2025 NOVA
Modifica a Orde do 1 de xuño de 2007 — código de procedemento MT807A (DOG 24 de abril de 2025).

Como Inscribirse

Para inscribirse no exame do cazador debes:

  1. Presentar a solicitude online a través do procedemento MT807A na Sede electrónica da Xunta. Opcionalmente, podes presentala de xeito presencial.
  2. Achegar a seguinte documentación:
    • Xustificante de pagamento da taxa (código 30.15.04), agás que o pagamento se inicie e finalice a través da sede electrónica
    • Documentación acreditativa da representación (se aplicable)
  3. Abonar a taxa correspondente (ver sección de "Custos e Taxas")

Custos e Taxas

11,05€
taxa de inscrición
Código de taxa: 30.15.04
Inscrición no Exame do Cazador e expedición do certificado de aptitude.

Documentación Descargable

Aquí podes descargar toda a documentación necesaria para preparate para o exame:

Impreso de Inscrición no Exame

Formulario oficial (procedemento MT807A) para presentar en liña o presencialmente

Acceder à Sede Electrónica →

Modelo de Taxa

Documento que inclúe os códigos cos que debes cumprimentar a taxa de inscrición no exame (código 30.15.04)

Descargar Modelo de Taxa

Listado de Preguntas do Exame

Enunciado das posibles preguntas que poder poidan formar parte da proba teórica. 40 das 60 preguntas da proba serán seleccionadas entre as 100 primeiras desta lista.

Descargar Preguntas

Respostas ao Exame (Acceso Restrinxido)

Listado de respostas correctas a todas as posibles preguntas. Este documento é exclusivo para cazadores federados. Introduce o teu DNI/NIE para comprobar se tes federativa en vigor.

Exame Visual - Especies Cinexéticas

Ilustracións fotográficas das especies cinexéticas que se emplearán na proba práctica do exame. Esencial para preparate para a identificación.

Descargar Especies Cinexéticas

Exame Visual - Especies Non Cinexéticas

Ilustracións fotográficas das especies non cinexéticas e das que non son pezas de caza. Fundamental para diferenciar entre especies protexidas e cazables.

Descargar Especies Non Cinexéticas

Especies Identificadas

Guía con ilustracións e o nome científico e común de cada especie. Útil como referencia rápida durante a preparación.

Descargar Especies Identificadas

Aviso Importante

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia aínda non actualizou algunhas das preguntas e respostas do Exame do Cazador conforme á nova Lei 13/2013 de caza de Galicia. Polo tanto, algunhas das preguntas, respostas, definicións e información pueden non corresponderse coa actual normativa.

A Federación Galega de Caza non se responsabiliza destas incongruencias. Recomendase consultar coa FGC ou coi servizos da Consellería en caso de dúbidas sobre a normativa actual.

¿Necesitas máis información?

Contacta coa Federación ou fai unha consulta xurídica