¿Que é REGIAC?
A Federación Galega de Caza (FGC) pon a disposición dos seus federados, mediante convenio cun veterinario colaborador actuante, un servizo para a realización dos trámites que os federados teñan que facer ante Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC), exceptuándose deste servizo as altas dos animais non identificados previamente e os seus respectivos microchip.
Importante
O REGIAC é o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía. Todos os cans de caza deben estar inscritos neste rexistro coa súa información xenética e de propiedade.
Servizos dispoñibles
Consulta de cans rexistrados
Consulta os cans que tes dados de alta no REGIAC
Baixa de cans
Por falecemento, extravío, ou traslado a outra CCAA
Cambio de propietario
Cesión ou venda dun can a outra persoa
Modificación de datos
Actualiza os teus datos como propietario
Duplicado de pasaporte
Obtén un duplicado do pasaporte do can
Tarifas
Consulta os prezos das tramitacións