Un total de 51 equipos participaron neste campionato provincial
O pasado 14 de xaneiro, tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Rois, Padrón, Rianxo, Brión, Ames, Boiro e Noia-Lousame.
  A elevada  participación de equipos foi a nota predominante nesta fase provincial, xa que concorreron  máis de medio centenar de cuadrillas raposeiras.
  Foi o equipo de  Os Cazafellos os que se fixeron co primeiro posto da clasificación final cun  total de 1.500 puntos. Para coñecer os seguintes clasificados tivo lugar un  sorteo que deu como segundo clasificado o equipo Raposeiros de Fiopáns seguido  pola cuadrilla Os Labercos de Outes, ámbolos dous con 1.000 puntos. 



 
    
		




