Información Web
Política de privacidade, cookies, aviso legal e outras informacións sobre esta páxina web
Política de Privacidade
De acordo con a normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, procedemos a informarlle do tratamento de datos persoais que realizamos dos nosos clientes e/o usuarios da presente páxina web.
1. Responsable de tratamento dos datos
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
Estadio Veronica Boquete de San Lázaro, Porta 12
15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
federacion@federaciongalegadecaza.com
DPO: O delegado de Protección de Datos de FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, SL co que poderá contactar en federacion@federaciongalegadecaza.com.
2. Finalidade do tratamento, lexitimación e prazo de conservación
A FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo con as seguintes finalidades:
Servizo de atención ao usuario
A través do formulario de contacto e/ou envío de correos electrónicos:
- Finalidade de tratamento: trataremos os datos estritamente necesarios para xestionar a súa petición.
- Lexitimación: consentimento do interesado prestado ao enviar o formulario e, se procede, cumprimento de obrigacións legais en caso de reclamacións.
- Prazo de conservación: o tempo necesario para dar resposta á súa solicitude e en calquera caso, ata que transcorra o prazo de prescrición de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.
Con fins de marketing
- Finalidade do tratamento: En caso de subscrición aos nosos boletíns de información comercial, trataranse os datos persoais para xestionar esa subscrición e enviarlle información personalizada sobre os nosos produtos ou servizos a través do correo electrónico que nos facilitara.
- Poderá darse de baixa no boletín de subscrición.
- Lexitimación: A lexitimación é o seu consentimento.
- Prazo de conservación: ata que decida deixar de recibir os nosos boletíns de información.
Pode solicitar a baixa enviando un correo electrónico a federacion@federaciongalegadecaza.com.
A xestión do boletín realízase mediante Mailchimp (Intuit Inc.), polo que poden existir transferencias internacionais de datos conforme ás garantías previstas na normativa vixente.
Vinculación de solicitudes e historial previo por DNI
- Finalidade do tratamento: ao crear a conta, poderemos vincular automaticamente á súa área de usuario as solicitudes e xestións previas asociadas ao seu DNI para facilitar a continuidade dos trámites, a consulta do historial e a recuperación de datos xa achegados.
- Lexitimación: execución da relación co usuario e interese lexítimo da entidade para garantir unha correcta xestión administrativa e trazabilidade dos trámites federativos.
- Categorías de datos: datos identificativos e datos das solicitudes previamente rexistradas nos sistemas da Federación vinculadas ao DNI facilitado no rexistro.
- Dereitos: poderá solicitar revisión, rectificación ou, se procede, desvinculación dos datos vinculados contactando con federacion@federaciongalegadecaza.com.
Confirmacións por WhatsApp (opcional)
- Finalidade do tratamento: se marca a casa de consentimento correspondente ao tramitar unha licenza ou seguro, utilizaremos o número de teléfono facilitado para enviarlle por WhatsApp a confirmación do trámite e a ligazón para descargar a súa póliza.
- Lexitimación: consentimento expreso do interesado, marcado de forma separada e opcional no formulario.
- Prazo de conservación: o histórico da conversa consérvase mentres sexa necesario para xestionar a súa solicitude e, en todo caso, polos prazos legalmente esixibles.
- Dereitos: pode retirar este consentimento en calquera momento contactando con federacion@federaciongalegadecaza.com; a retirada non afecta á licitude do tratamento previo.
O envío de mensaxes realízase a través de 360dialog GmbH, provedor oficial (Business Solution Provider) da API de WhatsApp Business, que actúa como encargado do tratamento conforme ao artigo 28 do RGPD.
Avisos de puntos críticos e ataques de lobo
- Finalidade do tratamento: ao enviar un aviso de punto crítico, unha comunicación de ataque de lobo (desde a web, o mapa de puntos críticos ou a app) ou un aviso sobre un punto xa publicado (que segue así, que xa está solucionado, que contén datos incorrectos ou que é falso), ademais dos datos do formulario e do contacto que facilite de forma opcional, rexistramos a dirección IP desde a que se envía e o identificador do navegador ou dispositivo, coa finalidade de previr e, se é o caso, investigar avisos falsos, abusivos ou prexudiciais para terceiros.
- Lexitimación: interese lexítimo da Federación en garantir a veracidade da información publicada e en protexer os dereitos de terceiros (artigo 6.1.f RGPD).
- Prazo de conservación: a IP e o identificador do navegador bórranse automaticamente aos 12 meses do envío; o resto dos datos consérvanse mentres o punto estea rexistrado, agás que sexan necesarios para atender unha reclamación ou un requirimento das autoridades.
- Destinatarios: estes datos non se publican no mapa e só son accesibles para o persoal da Federación que modera os avisos. Unicamente se comunicarán a xulgados, forzas e corpos de seguridade ou outras autoridades competentes cando exista obriga legal.
Non cederemos os seus datos a terceiros para fins propios destes, salvo para dar cumprimento a unha obrigación legal. Si contamos con provedores que actúan como encargados do tratamento baixo contrato (artigo 28 RGPD), como Mailchimp (Intuit Inc.) para a xestión do boletín ou 360dialog GmbH para o envío de mensaxes de WhatsApp cando o usuario presta o seu consentimento expreso.
3. Política de cookies
Para revisar o tratamento de datos relativo ás cookies, pode consultar a política de cookies, dispoñible nesta mesma páxina web.
Poderá configurar ou revogar as súas preferencias desde o panel de cookies (ligazón "Configurar cookies" no pé da web). O consentimento gárdase durante 12 meses na cookie técnica fgc_cookie_prefs.
4. Dereitos
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos:
Exercer os seus dereitos:
Pode enviar a súa solicitude a través da conta de correo electrónico: federacion@federaciongalegadecaza.com
Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través das seguintes vías:
- Sede electrónica: www.aepd.es
- Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid
- Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17
5. Medidas de seguridade
A FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/o o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.